FCT

Formación en Centros de traballo

En todos os ciclos ofertados polo IGAFA, o alumnado deberá realizar un período de prácticas en empresa, que lle vai proporcionar experiencia profesional nunha contorna produtiva real facilitando a súa inserción laboral, xa que moitas veces son contratados unha vez rematado o período de prácticas.
O período ordinario de realización destas prácticas de FCT é no último trimestre do segundo curso, entre marzo e xuño. O calendario de realización dependerá da xornada que se realice, posto que o número de horas do módulo vén determinado polo currículo do ciclo: 384 en Ciclo Superior e 410 en Ciclo Medio. Durante estas prácticas hai dous titores por cada alumno/a, un na empresa e outro no IGAFA, ambos van ser os responsables de tutelar a formación do alumnado.

As actividades das empresas de acuicultura

As empresas que acollen alumnado do IGAFA en prácticas en materia de acuicultura son empresas de produción industrial de peixes, moluscos, crustáceos e microalgas; acuarios de exhibición; centros de investigación ou laboratorios; maioristas e minoristas de organismos ornamentais e deseño, fabricación e montaxe de instalacións en acuicultura.

Onde se atopan as empresas coas que realizan convenios?

Estas empresas coas que se realizan convenios atópanse en Galicia, Cataluña, Asturias, Cantabria, Andalucía, País Vasco, Madrid, Comunidad Valenciana, Canarias, Murcia, Baleares, Castilla-León, La Rioja, Comunidad Aragonesa. Tamén se firman convenios con empresas ubicadas en Francia, Noruega, Italia, Islandia, Bélxica, Portugal, Irlanda, Polonia e Reino Unido.

IGAFA 2021

As actividades das empresas de mergullo

As actividades das empresas de mergullo son maioritariamente os servizos de construción e obra hidráulica e de reparación en flotación e en estruturas somerxidas. 
Onde se atopan as empresas coas que realizan convenios?

As empresas coas que se realizan convenios teñen a súa sede en Galicia, Asturias, Comunidad Valenciana e Comunidad Catalana, aínda que estas empresas poden realizar traballos en calquera parte da península e mais das illas españolas e en ocasións tamén no estranxeiro.