Centro

A Nosa Historia

A historia do IGAFA remóntase a 1992, ano no que se inaugurou coa finalidade de cubrir o baleiro formativo existente entre o marisqueo e o nivel universitario. Xa de inicio, aparecía a súa preferente dedicación a formar técnicos/as en acuicultura, pero tamén a súa vocación de abrirse á formación ocupacional e universitaria, á investigación, aos intercambios e á cooperación, algo que non deixou de facer ao longo dos seus case 30 anos de existencia. Descobre como foi a súa evolución ao longo das últimas décadas.