CRN

O IGAFA constitúe un Instituto formativo líder en acuicultura e mergullo.

O IGAFA foi cualificado como CRN en acuicultura e mergullo mediante un Real Decreto do Ministerio da Presidencia, relacións coas Cortes e Igualdade, o 28 de setembro de 2019. Cada 4 anos hai unha revisión desa cualificación.

O instituto forma parte da Rede de Centros de Referencia Nacional, coordinada pola Administración Xeral do Estado, a través do Consello Xeral da

Formación Profesional, coa colaboración das comunidades autónomas e as organizacións empresariais e sindicais máis representativas. Os Centros de Referencia Nacional contarán cun Consello Social, que é o órgano de planificación e participación do sector produtivo e será presidido pola Administración titular dos mesmos. Estará composto por representantes da Administración Xeral do Estado, das Administracións autonómicas e das organizacións empresariais e sindicais máis representativas. En todo caso será membro do Consello Social o Director do Centro, e o Secretario do Centro asistirá ás reunións do mesmo, con voz pero sen voto.

CRN

A dirección do Centro elabora un Plan de Actuación plurianual, coa mesma duración do Plan de Actuación plurianual de carácter estatal, que se analiza no seo do Consello Social e proponse para incluír no Convenio entre a Administración Xeral do Estado e a Administración autonómica.

Anualmente, e no seo da Comisión de Coordinación e Seguimento do convenio, aprobarase un Plan de Traballo anual no que se concretarán as actuacións para realizar e a achega económica da Administración Xeral do Estado, que será financiado por unha resolución a través de subvencións de concesión directa.

O Centro de Referencia Nacional de Acuicultura e Mergullo dispoñerá de autonomía organizativa, pedagóxica e de xestión económica no desenvolvemento e execución do plan de traballo, de acordo co establecido na normativa propia da Administración pública titular do Centro.

Funcións como CRN de acuicultura e buceo
Memoria 2021

Pulsa no seguinte botón para descargar ou visualizar a memoria do 2021.