Acceso aos ciclos
Para o acceso directo hai que:
• Estar en posesión do título de Graduado en Educación Secundaria Obrigatoria (ESO) ou dun nivel académico superior
• Estar en posesión dun título de Técnico Básico (Formación profesional básica)
• Estar en posesión dun título de Técnico ou de Técnico Auxiliar ou equivalente a efectos académicos
• Ter superado o segundo curso do Bacharelato Unificado e Polivalente (BUP)
• Ter superado a proba de acceso á Universidade para maiores de 25 anos
Acceso mediante proba de acceso, para os que non cumpran algún dos requisitos anteriores
• Ter superado a proba de acceso a ciclos formativos de grado medio (vai requirir ter, polo menos, dezasete anos, cumpridos no ano de realización da proba).
O acceso pode ser por:
- Acceso directo:
• Estar en posesión do título de Bacharelato ou dun certificado acreditativo de ter superado todas as materias de bacharelato
• Ter superado o segundo curso de calquera modalidade de Bacharelato experimental
• Estar en posesión dun título de Técnico de Grao Medio de Formación Profesional
• Estar en posesión de un Título de Técnico Superior, Técnico Especialista ou equivalente a efectos académicos
• Ter superado 3º de BUP (Bacharelato Unificado Polivalente
• Ter superado o Curso de Orientación Universitaria (COU)
• Estar en posesión de calquera Titulación Universitaria ou equivalente
• Ter superado a proba de acceso a la Universidade para maiores de 25 años
- Acceso mediante proba de acceso para os que non cumpran algún dos requisitos anteriores:
• Ter superado a proba de acceso a ciclos formativos de grado superior (requírese ter polo menos 19 anos no ano no que se realiza a proba ou 18 para os que posúan o título de Técnico).
Para poder acceder a este ciclo, a maiores dos requisitos de acceso a calquer ciclo medio, hai que cumprir os seguintes requisitos:
• Ter 18 anos para participar no procedemento de admisión
• Superar determinadas probas físicas
• Os candidatos que superaron as probas físicas e son seleccionados polo expediente académico, teñen que ser aptos nunhas probas médicas específicas e unha proba psicolóxica
• Se son aptos nestas derradeiras probas médicas, deberán superar a proba de cámara hiperbárica e tolerancia ao osíxeno
Admisión e matrícula na Formación Profesional
Na web da consellería e mais no taboleiro do IGAFA, publícanse as listaxes de admitidos e adxudicatarios de praza. Non serán admitidas máis persoas que prazas ofertadas.
Máis información no portal da FP-Galicia.