Reparacións e Reflotacións
Reparacións e Reflotacións
Galicia conta cunha importante frota pesqueira, portos de titularidade do Estado como son Vigo, Marín, Vilagarcía, A Coruña e Ferrol e unha importante rede de portos de titularidade Autonómica, todos eles con varadoiros e estaleiros, de maior ou menor tamaño, para o mantemento e construción de buques e artefactos flotantes.
Galicia é líder tamén no que a industria acuícola se refire, tanto no número de artefactos flotantes, bateas e gaiolas, como no número de plantas acuícolas que se reparten ao longo do noso litoral.
O elevado número de buques, artefactos flotantes e instalacións, tanto a flotación como mergulladas, fan que sexa especialmente importante a preparación de técnicos de mergullo capaces de afrontar os diferentes traballos de mantemento, reparación, taponamento e reflotamento de buques, artefactos flotantes e instalacións flote ou mergulladas.
Os estaleiros e varadoiros, as empresas armadoras e aseguradoras de buques, as plantas e instalacións acuícolas e as empresas con instalacións para a extracción, transporte e refinado de petróleo van ser as principais demandantes dos nosos técnicos especialistas en Reparacións en Flotación e Reflotamentos.
Estes sectores industriais necesitan de técnicos capaces de afrontar tanto as labores de mantemento e reparación da obra viva de buques, artefactos flotantes e instalacións mergulladas como o seu taponamento e reflotamento, manténdoos operativos segundo criterios establecidos e adoptando as medidas necesarias para garantir a seguridade dos operarios e coidado do medio ambiente.