Acuarioloxía
Acuarioloxía
Na actualidade, teñen moita importancia os acuarios públicos e privados. Ademais en moitas investigacións empréganse organismos acuáticos que é necesario coñecer para mantelos en bo estado de saúde e poder realizar as experiencias deseñadas para distintos proxectos.
Considerase importante resaltar que a acuariofilia é a afición aos acuarios e a acuarioloxía é a acuicultura de organismos ornamentais. Por tanto, a acuarioloxía é un tipo de acuicultura como a piscicultura.
Todo isto da valor a este módulo de Acuarioloxía, formación específica que so se imparte no ciclo formativo de Acuicultura.
O alumnado que curse este módulo vai poder traballar en empresas de distribución de organismos acuáticos, en tendas de venta de organismos acuáticos, en acuarios institucionais e acuarios privados así como en universidades e institucións que realicen investigación empregando organismos acuáticos.
O alumnado deberá ser capaz de facer o mantemento das instalacións, de asesorar aos particulares que queren montar un acuario, de producir diferentes especies e mantelas en bo estado de saúde segundo as condicións definidas para o destino que teñan eses organismos