Intervencións hiperbáricas con aire e nitrox
Intervencións hiperbáricas con aire e nitrox
O mergullo profesional é unha unidade produtiva dentro do sistema económico xa que está presente en actividades como a acuicultura, a recolección de recursos, a construción de obras hidráulicas, os reflotamentos, etc.
No mercado existen empresas especializadas en traballos subacuáticos que desenvolven o seu traballo a nivel nacional e internacional. No ciclo de operacións subacuáticas e hiperbáricas fórmanse mergulladores que realizarán inmersións e intervencións ata a presión e a profundidade máximas que permitan as normas de seguridade utilizando aire e nitrox.
O módulo de Intervención hiperbárica con aire e nitrox forma aos alumnos para o desempeño de funcións de planificación, execución e control de inmersións en apnea, equipos autónomos e con suministro desde superficie, con aire e nitrox, en cumprimento da normativa de seguridade aplicable aos equipos e ás operacións nas actividades subacuáticas.
A formación de mergullo do IGAFA ten un obxetivo que é formar aos alumnos para o seu desenvovemento no mundo laboral e poder traballar nas empresas especializadas. Así, as prácticas son plantexadas como traballos reais nas empresas e se simulan traballos reais no fondo do mar. Ademais, os alumnos practican situacións de emerxencia e situacións críticas que se poden atopar na contorna laboral.