ALUMNOS BOLSAS DEPUTACIÓN 2023

ALUMNADO BENEFICIARIO DAS BOLSAS DA DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA FAI AS SÚAS PRÁCTICAS EN NORUEGA

Os catro alumnos de acuicultura que solicitaron realizar a súa formación en centros de traballo (FCT) no estranxeiro puideron beneficiarse das axudas que a Deputación de Pontevedra ofrece ao noso alumnado a través do Convenio de Colaboración entre a deputación provincial de Pontevedra e a Consellería do Mar para a dotación económica de bolsas de formación no estranxeiro para o alumnado do IGAFA.

Os alumnos María José sanmartín, Saúl Rial, Iago Porto e Jairo Cuervo realizaron  a FCT na empresa norueguesa Mork rensefisk AS (pertencente ao Grupo Skjerneset AS) situada no fiordo de Kvernes nunha pequena localidade chamada Mork en Averoy.