BOLSAS DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA

CONVENIO DE COLABORACIÓN COA DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA PARA BOLSAS DE FCT NO EXTRAXEIRO

Grazas a aportación económica da Deputación Provincial de Pontevedra, varios alumnos dos ciclos de acuicultura poderán realizar a súa formación en empresas no estranxeiro.

Con data 28 de abril de 2023, a presidenta da Deputación de Pontevedra, dona María del Carmen Silva, e a Directora Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro da Consellería do Mar, Susana Rodríguez Carballo, veñen de asinar o Convenio de colaboración para a dotación económica de bolsas de formación no estranxeiro para o alumnado do IGAFA.