Admisión e Accesos

Acceso aos ciclos

Cada tipo de formación ten uns requisitos de acceso:

Para o acceso directo hai que:
•    Estar en posesión do título de Graduado en Educación Secundaria Obrigatoria (ESO) ou dun nivel académico superior
•    Estar en posesión dun título de Técnico Básico (Formación profesional básica)
•    Estar en posesión dun título de Técnico ou de Técnico Auxiliar ou equivalente a efectos académicos
•    Ter superado o segundo curso do Bacharelato Unificado e Polivalente (BUP)
•    Ter  superado a proba de acceso á  Universidade para maiores de 25 anos

Acceso mediante proba de acceso, para os que non cumpran algún dos requisitos anteriores    
•    Ter superado a proba de acceso a ciclos formativos de grado medio (vai requirir ter, polo menos, dezasete anos, cumpridos no ano de realización da proba).

O acceso pode ser por:

- Acceso directo:
•    Estar en posesión do título de Bacharelato ou dun certificado acreditativo de ter superado todas as materias de bacharelato
•    Ter superado o segundo curso de calquera modalidade de Bacharelato experimental
•    Estar en posesión dun título de Técnico de Grao Medio de Formación Profesional
•    Estar en posesión de un Título de Técnico Superior, Técnico Especialista ou equivalente a efectos académicos
•    Ter superado 3º de BUP (Bacharelato Unificado Polivalente
•    Ter superado o Curso de Orientación Universitaria (COU)
•    Estar en posesión de calquera Titulación Universitaria ou equivalente
•    Ter superado a proba de acceso a la Universidade para maiores de 25 años

- Acceso mediante proba de acceso para os que non cumpran algún dos requisitos anteriores:
•    Ter superado a proba de acceso a ciclos formativos de grado superior (requírese ter polo menos 19 anos no ano no que se realiza a proba ou 18 para os que posúan o título de Técnico).

Para poder acceder a este ciclo, a maiores dos requisitos de acceso a calquer ciclo medio, hai que cumprir os seguintes requisitos:

•    Ter 18 anos para participar no procedemento de admisión
•    Superar determinadas probas físicas
•    Os candidatos que superaron as probas físicas e son seleccionados polo expediente académico, teñen que ser aptos nunhas probas médicas específicas  e unha proba psicolóxica
•    Se son aptos nestas derradeiras probas médicas, deberán superar a proba de cámara hiperbárica e tolerancia ao osíxeno

Admisión e matrícula na Formación Profesional

Admisión e matrícula na Formación Profesional

Para realizar estudos nos centros docentes sostidos con fondos públicos é necesario, ademais de cumprir os requisitos de acceso, participar nun proceso de admisión. Este proceso establece un sistema de prioridades na adxudicación de prazas para cada centro educativo e para cada ciclo, así como os prazos de presentación de solicitudes e de formalización da matrícula.

Na web da consellería e mais no taboleiro do IGAFA, publícanse as listaxes de admitidos e adxudicatarios de praza. Non serán admitidas máis persoas que prazas ofertadas.

Máis información no portal da FP-Galicia.