Oferta formativa

Axudas á formación

Axudas para titulados

Axudas para titulados

PROGRAMA ERASMUS+

Mobilidade para persoas tituladas de ciclos formativos de grado medio. Consiste na realización de prácticas en empresas doutro país da Unión Europea, dentro dos 12 meses seguintes á finalización dos seus estudos, co fin de mellorar a súa inserción no mundo laboral.

O IGAFA vén sendo seleccionado anualmente entre os centros de FP da provincia de Pontevedra, para formar parte do consorcio de mobilidade do Proxecto Practicum Depo (Deputación de Pontevedra).

Podes ampliar información entrando nesta páxina.

BOLSAS EN RÉXIME DE EMPRESA TUTELADA

A Consellería do Mar convoca, cada dous anos, bolsas de formación en réxime de empresa tutelada para os/as titulados/as nos ciclos formativos de acuicultura, para a realización de prácticas de produción de cría de bivalvos. (código de procedemento administrativo PE601C na sede da Xunta).

Axudas para estudantes

Axudas para estudantes

Anualmente o Ministerio de Educación e Formación Profesional convoca axudas de diferentes categorías. As solicitudes se presentan electrónicamente e o prazo para cumprimentalas adoita ser en setembro. Podes consultar aquí.

A Consellería de Cultura, Educación e Universidade, convoca todos os anos axudas económicas para a realización en empresas do módulo profesional de FCT e da FP dual en réxime de concorrencia non competitiva (código de procedemento ED202A) nas seguintes
modalidades:

1. Modalidade A. Alumnado matriculado en ciclos formativos que realice a FCT ou a FP dual
dentro do territorio español.
2. Modalidade B. Alumnado matriculado en ciclos que realice a FCT ou a FP dual fóra do
territorio español co fin de mellorar as competencias lingüísticas e profesionais.

Anualmente a Consellería de Cultura, Educación e Universidade publica a Orde destas axudas

Admisión e matrícula

O proceso de admisión e matrícula ven regulado pola Consellería de Cultura, Educación e Universidade e realízase
nunha aplicación informática. As listaxes de admitidos e adxudicatarios de prazas publicaranse na web da Consellería e no taboleiro de anuncios do IGAFA.

Máis información no portal da FP-Galicia.