Programa Erasmus + da Deputación de Pontevedra
O IGAFA participou na convocatoria de adhesión de centros de FP da provincia de Pontevedra, co obxecto de formar un consorcio de mobilidade dentro do proxecto Practicum Depo 2020.
O IGAFA participou na convocatoria de adhesión de centros de FP da provincia de Pontevedra, co obxecto de formar un consorcio de mobilidade dentro do proxecto Practicum Depo 2020. Na resolución da convocatoria, o centro foi seleccionado para participar no Programa Erasmus +, acción KA102 “Mobilidade das persoas por motivos de aprendizaxe no sector da Formación Profesional”.
No ano 2020, participaron no programa Erasmus + 2 alumnos do ciclo medio de Cultivos Acuícolas:
Mohammed Chekkour, na empresa Sea8, Criadeiro de Safiestela, en Portugal, empresa de produción de linguado. Realizou o Erasmus+ dende o 15 de xuño de 2020 ata o 15 de outubro do mesmo ano. Mohammed está contratado actualmente na empresa.
José Fernández Ferro, na empresa OHS - Orkney Shellfish Hatchery, un criadeiro de lumbrigante, en Escocia. Realizou el Erasmus+ desde o 14 de setembro de 2020 ata o30 de decembro do mesmo ano. Último Erasmus + no Reino Unido.