Formación

A CONSELLERÍA DO MAR PREPARARÁ NO IGAFA A FORMADORES EN ACUICULTURA

O resto das sesións dedícaranse aos aspectos que o propio sector empresarial da acuicultura resaltou como preferentes cara á capacitación dos seus profesionais, en resposta a unha enquisa previa realizada pola administración organizadora.

Estes aspectos van desde a xestión da produción á comercialización, pasando pola xestión sanitaria, a seguridade ambiental, a seguridade e hixiene no traballo, a lexislación aplicable, a nutrición, as patoloxías, a automatización de procesos e a reprodución e a xenética.

Para impartir esta formación contarase con especialistas de prestixio:

-Técnicos do ISSGA formarán en "Seguridade e saúde laboral" e técnicos da administración en "Lexislación en acuicultura".

-A docencia de "Programas de xestión da produción" corresponderá a Antonio Villanueva, investigador do ECIMAT da Universidade de Vigo.

-Os tamén investigadores Francesc Piferrer, do CSIC de Barcelona, e Ana María Viñas, da Universidade de Santiago, encargaranse do apartado de "Reprodución e xenética", mentres que Francesc Padros, da Universidade Autónoma de Barcelona, o fará de "Xestión sanitaria na piscicultura" e Juan Barja, catedrático de microbioloxía do Instituto de Acuicultura da Universidade de Santiago, de "Patoloxía de moluscos".

-Fernando Otero Lourido, especialista en industria alimentaria, asesor xurídico e secretario do Cluster da Acuicultura, e María Silva, da empresa Noresga, faranse cargo da formación en "Medio ambiente e seguridade ambiental", técnicos da empresa Skretting formarán en "Nutrición de peixes" e os ponentes -tamén procedentes do mundo empresarial- Fernando Malet, de Innovaqua, e Enrique Vega, de Integraqua Tecnology, encargaranse de "Automatización de procesos e control de parámetros" e "Aplicación de novas tecnoloxías en acuicultura", respectivamente.

-O curso completarase con aspectos relacionados coa comercialización: Juan Manuel Fernández Aldana, da Asociación Empresarial de Produtores de Cultivos Mariños de España (APROMAR), tratará sobre "Comercialización e control de calidade na piscicultura" e Juan Doamo, director técnico de Conxemar, e José Pelayo Miguez, do Centro Analítico Míguez Muíños, sobre "Comercialización de moluscos bivalvos".

 

Este curso de formación de formadores en acuicultura enmárcase nun Programa do Fondo Europeo Marítimo e de Pesca (FEMP) que ten como obxectivo o fomento dunha acuicultura sostible, eficiente, innovadora e competitiva a través da actualización a a mellora da formación dos profesionais do sector, que terá continuidade cun plan de oferta de cursos de actualización destinados a este fin.

 En prensa:

La Voz de Galicia

Faro de Vigo

Programa Erasmus + da Deputación de Pontevedra

O IGAFA participou na convocatoria de adhesión de centros de FP da provincia de Pontevedra, co obxecto de formar un consorcio de mobilidade dentro do proxecto Practicum Depo 2020. Na resolución da convocatoria, o centro foi seleccionado para participar no Programa Erasmus +, acción KA102 “Mobilidade das persoas por motivos de aprendizaxe no sector da Formación Profesional”.

No ano 2020, participaron no programa Erasmus + 2 alumnos do ciclo medio de Cultivos Acuícolas:

Mohammed Chekkour, na empresa Sea8, Criadeiro de Safiestela, en Portugal, empresa de produción de linguado. Realizou o Erasmus+ dende o 15 de xuño de 2020 ata o 15 de outubro do mesmo ano. Mohammed está contratado actualmente na empresa.


José Fernández Ferro, na empresa OHS - Orkney Shellfish Hatchery, un criadeiro de lumbrigante, en Escocia. Realizou el Erasmus+ desde o 14 de setembro de 2020 ata o30 de decembro do mesmo ano. Último Erasmus + no Reino Unido.