Proxecto CleanAtlantic

Proxecto CleanAtlantic

O 2 e 3 decembro de 2020, dentro do proxecto "CleanAtlantic", no que o IGAFA  colabora co CETMAR, procedeuse á localización, retirada e clasificación de residuos  no entorno submarino das instalacións acuícolas do IGAFA.

O 2 e 3 decembro de 2020, dentro do proxecto "CleanAtlantic", no que o IGAFA  colabora co CETMAR, procedeuse á localización, retirada e clasificación de residuos  no entorno submarino das instalacións acuícolas do IGAFA aproveitando as prácticas  do Módulo de Reparacións e Reflotamentos do Ciclo Medio de Mergullo. 


Os obxectivos desta acción son sensibilizar ao alumnado na necesidade de  coidar o medio ambiente e contribuir á identificación dos residuos para  reflexionar como a actividade humana afecta ao noso entorno natural, o que  permitirá traballar co propósito de que as actividades de pesca, acuicultura e  mergullo sexan sostibles e respetuosas co medio ambiente.