FORO ACUI
Edición XIX do Foro dos Recursos Mariños e da Acuicultura das Rías Galegas. Un encontro anual que se celebra no Grove, e no que se reúnen estudantes, expertos da industria e representantes da administración para debater sobre asuntos de interese e actualidade do sector marisqueiro, da pesca de baixura e da acuicultura.