A Nosa Historia
O Instituto Galego de Formación en Acuicultura inaugurouse o 15 de maio de 1992, coa finalidade de cubrir o baleiro formativo existente entre o marisqueo e o nivel universitario. Xa de inicio, aparecía a súa preferente dedicación a formar técnicos/as en acuicultura, pero tamén a súa vocación de abrirse á formación ocupacional e universitaria, á investigación, aos intercambios e á cooperación, algo que non deixou de facer ao longo dos seus case 30 anos de existencia.
Dende a súa acreditación como Centro de Referencia Nacional comezou unha nova etapa, marcada pola pandemia da Covid-19 e polo auxe das novas tecnoloxías da información e da dixitalización.
Dende a súa acreditación como Centro de Referencia Nacional comezou unha nova etapa, marcada pola pandemia da Covid-19 e polo auxe das novas tecnoloxías da información e da dixitalización.
III Foro de Acuicultura e Buceo Igafa 2026
Dirixido a estudantes e profesionais do mergullo e a acuicultura, o III Foro de Acuicultura e Buceo IGAFA 2026 contará coa presenza de expertos en ambas familias formativas. Servirá como punto de encontro para que os profesionais poidan intercambiar prácticas e opinións e debater sobre cuestións clave para estes sectores. Inscríbete!
Formación actual
Mergullador Profesional de 2ª Clase
Mergullo
Iniciación ao Mergullo Profesional
Mergullo
Técnico en acuicultura
Acuicultura
Técnico en cultivos acuícolas
Acuicultura
Certificado de mariscador
Acuicultura