Crustáceos
Crustáceos
O cultivo de crustáceos comerciais non parou de medrar na acuicultura mundial dende o derradeiro terzo do século pasado, tanto en toneladas producidas, valor económico e número de especies
O cultivo de diferentes especies de langostinos, maioritariamente producidos en rexións tropicais e subtropicais, e o que practicamente monopoliza este tipo de acuicultura.
Dentro da produción acuícola no noso país, a súa presencia é testemuñal en toneladas producidas e en número de instalacións de cultivo, tanto de produción para comercialización (langostino) coma para repoboación tanto de auga doce coma mariña (cangrexo de rio, lumbrigante, etc)
Por outra banda, comercialización de crustáceos vivos para consumo humano representa unha actividade económica moi importante en volume e de alto valor económico dentro da comercialización dos produtos pesqueiros a nivel nacional e máis en Galicia, que é unha das Comunidades Autónomas líderes neste campo. Nesta actividade económica faise necesario empregar instalacións e técnicas relacionadas coa acuicultura con persoal técnico cualificado.
Dentro da formación dos técnicos do IGAFA no campo do cultivo de crustáceos, búscase cubrir a demanda nacional e internacional que se xera no cultivo de langostino, centros de investigación e repoboación ou empresas comercializadoras de crustáceos, tanto nacionais coma internacionais.
Para poder cubrir un abano tan amplo escóllense no IGAFA, coma grupos taxonómicos de traballo, os peneidos, macruros, braquiuros e carideos. Así coma as especies de crustáceos que serven como alimento en acuicultura.
Na actualidade existen empresas de cultivo e comercialización, ademais de centros de investigación ou repoboación e grandes acuarios, que contan con titulados/as do IGAFA no seu cadro de persoal.