Noticias

PRÁCTICAS DE CAMPÁ HÚMIDA

Nos seguintes enlaces podemos acceder a reportaxes sobre as prácticas do módulo de Inmersión desde campá húmida que o alumnado do ciclo medio de Operacións Subacuáticas e Hiperbáricas está a realizar en Ferrol:

CONFERENCIA "CANDO O PEIXE CHEGA EN BICICLETA..."

O martes día 10 de xaneiro de 2017, entre as 10:00 e as 11:30 horas, Amagoia Olatz imparte unha conferencia destinada ao alumnado e profesorado de acuicultura, titulada "Cando o peixe chega en bicicleta...", sobre a súa participación nun proxecto de colaboración internacional en Senegal.

GRAVACIÓN DUNHA REPORTAXE NO IGAFA PARA O PROGRAMA DE RTVE AGROESFERA

O xoves, día 1 de decembro, un equipo da RTVE estivo no IGAFA gravando imaxes e realizando entrevistas para unha reportaxe sobre a formación en acuicultura do programa AGROESFERA. Ademais das instalacións de acuicultura, recolleron imaxes do alumnado facendo prácticas tanto de cultivos como de mergullo profesional.

FORO ACUI

Edición XIX do Foro dos Recursos Mariños e da Acuicultura das Rías Galegas. Un encontro anual que se celebra no Grove, e no que se reúnen estudantes, expertos da industria e representantes da administración para debater sobre asuntos de interese e actualidade do sector marisqueiro, da pesca de baixura e da acuicultura.