Certificado de marisqueo a pé
Este certificado está regulado pola Consellería do Mar nesta ORDE e existe un manual dispoñible na súa páxina web.
Atribucións:
Constitúe un dos requisitos indispensables para optar a un permiso de explotación para marisqueo a pé
Obxectivos:
1. Profesionalizar o sector pesqueiro-marisqueiro
2. Espertar inquietude no sector por coñecer o medio e os recursos
3. Asumir a necesidade dunha explotación sustentable e rendible
4. Valorar a importancia dunha comercialización organizada e imaxinativa para obter mellores beneficios
5. Recoñecer as técnicas de cultivo como un mecanismo para mellorar a produción
6. Asumir a necesidade de cumprir as obrigas fiscais e de cotización
Contidos:
1. Módulo de produción.
2. Módulo de organizacións
3. Módulo de comercialización
4. Módulo de administración
5. Módulo de seguridade