Técnico en operacións subacuáticas e hiperbáricas

Técnico en Operacións Subacuáticas e Hiperbáricas

2000 horas

Que vou facer e aprender?

- Definir o plan de inmersión para efectuar unha inmersión en condicións de seguridade.
-  Manter os equipamentos e as instalacións da actividade, cumprindo a normativa e de acordo coas especificacións técnicas.
- Realizar o descenso, utilizando aire e nitrox, de acordo co plan establecido.
- Realizar o ascenso, aplicando os protocolos de descompresión na auga ou en cámara hiperbárica.
- Efectuar traballos de construción e obra hidráulica en ambiente subacuático e hiperbárico.
- Efectuar operacións de reparación, mantemento e reflotación de estruturas en ambiente subacuático e hiperbárico.
-  Efectuar operacións de corte e soldadura en ambiente subacuático e hiperbárico. 

Podes consultar o currículo neste enlace

Plan de formación

O ciclo desenvólvese durante dous cursos académicos entre os meses de setembro e xuño. Durante o segundo ano o alumno realiza as prácticas en empresa, correspondentes ao módulo de FCT.
Módulo de 1º curso  
MÓDULOS HORAS
Intervención hiperbárica con aire e nitrox 346
Instalacións e equipamentos hiperbáricos 240
Fisiopatoloxía do mergullo e emerxencias 107
Manobra e propulsión 160
Formación e Orientación Laboral (FOL) 107

 

Módulo de 2º curso  
MÓDULOS HORAS
Reparacións e reflotacións 140
Corte e Soldadura  122
Construción e Obra Hidráulica  140
Navegación 105
Inmersión desde campá húmida 70
Empresa e iniciativa emprendedora 53
Formación en Centros de Traballo (FCT) 410

 

Ámbitos Laborais

As persoas que obteñan este título han exercer a súa actividade en empresas públicas ou privadas dedicadas ao mergullo profesional.
Oscuro

Postos de traballo:

–    Xefe/a de equipo de mergullo profesional e mergullador/ora profesional de apoio en inmersións de intervención ata a presión e a profundidade máxima que permitan as normas de seguridade, utilizando aire e nitrox, en traballos de acuicultura, de voadura subacuática, de mar aberto (como apoio a mergulladores/as de grande profundidade a saturación), de arqueoloxía subacuática, de mostraxe e investigación biolóxicas, de ensaios non destrutivos, de filmación e fotografía submarina, e de colaboración excepcional con corpos de seguridade do Estado e de emerxencias (salvamento marítimo, UME, Protección Civil, bombeiros/as etc.).
–    Operador especialista en cámaras, instalacións e plantas hiperbáricas e no mantemento de equipamentos hiperbáricos en empresas homologadas
–    Mergullador profesional especialista en corte e soldadura subacuática, en inmersións desde campá húmida, en construción e obra hidráulica e en reparacións en flotación e reflotamentos
–    Operador/ora auxiliar nos traballos hiperbáricos ata a presión e a profundidade máximas que permitan as normas de seguridade, utilizando aire e nitrox en ambientes confinados subterráneos en hábitats secos ou con fluídos distintos da auga, para a realización de perforacións con tuneladoras ou outros equipamentos de perforación.
–    Patrón/patroa con dedicación ao transporte marítimo de mercadorías e/ou pasaxe, servizos de practicaxe, seguridade, salvamento marítimo, mergullo e investigación, entre outras actividades,
–    Mariñeiro/a especialista de cuberta e de máquinas. 
 

 

Requisitos de acceso

REQUISITOS DE ACCESO XERAIS
Acceso directo:
•    Estar en posesión do título de Graduado en Educación Secundaria Obrigatoria ou dun nivel académico superior.
•    Estar en posesión dun Título Profesional Básico (Formación Profesional Básica).
•    Estar en posesión dun título de Técnico ou de Técnico Auxiliar ou equivalente a efectos académicos.
•    Ter superado o segundo curso do Bacharelato Unificado e Polivalente (BUP).
•    Ter  superado a proba de acceso á  Universidade para maiores de 25 anos.
Acceso mediante proba (para os que non teñan algún de los requisitos anteriores)
•    Ter superado a proba de acceso a ciclos formativos de grado medio (requirirase ter, polo menos, dezasete anos, cumpridos no ano de realización da proba).

REQUISITOS DE ACCESO ESPECÍFICOS
•    Ter 18 anos.
•    Superar as diferentes probas que se detallan no documento 'Probas específicas de mergullo'