Curso de emprendemento: creación dunha empresa

Curso de emprendemento: creación dunha empresa

30 horas/ Presencial

Obxectivos:

Adquirir conciencia de que para iniciar unha actividade empresarial tentando asegurar un certo éxito, é necesario ter uns coñecementos previos acerca da contorna, o mercado, a financiación... non sendo suficiente con ter unha boa idea de negocio.

O curso diríxese á adquisición das competencias básicas para a realización dos estudos previos para a posta en marcha dunha idea empresarial.

Programa:

1. A iniciativa emprendedora.
2. A contorna e o mercado.
3. A imaxe da empresa e a promoción do produto: marketing.
4. Ética empresarial e responsabilidade social corporativa,
5. Recursos humanos.
6. Formas xurídicas da empresa.
7. Plan de produción.
8. Xestión contable, administrativa e fiscal.
9. O proceso de constitución da empresa