Técnico en Cultivos Acuícolas
Que vou aprender e facer?
- Verificar a operatividade de instalacións e equipamentos de cultivo e organizar os mesmos para desenvolver as actividades acuícolas.
- Producir cultivos auxiliares na cantidade e na calidade requiridas.
- Producir especies acuícolas en criadeiro e realizar o seu engorde.
- Preparar e apañar o produto final seguindo os criterios de comercialización definidos.
- Controlar os parámetros fisicoquímicos de alimentación e crecemento medíndoos e rexistrándoos nos cadros de control e seguimento.
- Efectuar as operacións de mantemento básico das instalacións e os equipamentos.
- Limpar e desinfectar os equipamentso e materiais de cultivo.
- Preparación e aplicación das medidas de xestión sanitaria nas instalacións.
Podes consultar o currículo aquí.
Plan de formación
Módulo de 1º curso | |
---|---|
MÓDULOS | HORAS |
Técnicas de cultivos auxiliares | 187 |
Técnicas de engorde de peixes | 213 |
Técnicas de engorde de moluscos | 213 |
Instalacións e equipamentos de cultivo | 240 |
Formación e orientación laboral | 107 |
Módulo de 2º curso | |
---|---|
MÓDULOS | HORAS |
Técnicas de criadeiro de peixes | 192 |
Técnicas de criadeiro de moluscos | 192 |
Técnicas de cultivo de crustáceos | 193 |
Empresa e iniciativa emprendedora | 53 |
Formación en Centros de Traballo (FCT) | 410 |
Ámbitos Laborais
– Traballador/a de cultivos de fitoplancto e zooplancto.
– Traballador/a de cultivos de crustáceos, peixes de engorde en augas de mar e continentais, moluscos no medio natural, en estruturas flotantes ou somerxidas e en parque, en reprodución de crustáceos e peixes en augas mariñas e continentais, en cultivo larvario de moluscos, crustáceos e peixes en augas mariñas.
– Reparador e mantedor de edificios e estruturas de cultivo e de circuítos de fluídos en instalacións acuícolas.
– Instalador, reparador e mantedor de sistemas de cultivo de peixes, moluscos e crustáceos.
– Reparador, mantedor e axustador de equipamentos de climatización, produción de calor e frío, filtración, alimentadores, bombeamento, dosificación e tratamento de fluídos en instalacións acuícolas.
– Encargado/a de taller en instalacións acuícolas, xefe/a de equipo de instaladores/oras, axustadores/oras, reparadores/oras e mantedores/oras en instalacións acuícolas.
Acceso directo:
• Estar en posesión do título de Graduado en Educación Secundaria Obrigatoria ou dun nivel académico superior.
• Estar en posesión dun Título Profesional Básico (Formación Profesional Básica).
• Estar en posesión dun título de Técnico ou de Técnico Auxiliar ou equivalente a efectos académicos.
• Ter superado o segundo curso do Bacharelato Unificado e Polivalente (BUP).
• Ter superado a proba de acceso á Universidade para maiores de 25 anos.
Acceso mediante proba (para os que non teñan algún de los requisitos anteriores)
• Ter superado a proba de acceso a ciclos formativos de grado medio (requirirase ter, polo menos, dezasete anos, cumpridos no ano de realización da proba).