Técnico en Acuicultura
Que vou aprender e facer?
- Planificar os procesos produtivos acuícolas, para alcanzar os obxectivos establecidos.
- Dirixir a produción de cultivos auxiliares seguindo o plan de produción.
- Dirixir a produción en criadeiro de peixes, moluscos e crustáceos, conforme o plan de produción.
- Dirixir as operacións de engorde de peixes, moluscos e crustáceos, conforme o plan de produción.
- Supervisar as condicións de operatividade e rendemento das instalacións e dos equipamentos de cultivo acuícola.
- Determinar os criterios que garanten a preparación e a calidade dos produtos de acuicultura para a súa comercialización.
- Determinar medidas preventivas ou correctivas de tratamento sanitario que se deban efectuar nos cultivos.
- Determinar os controis fisicoquímicos e ambientais relacionados coa produción acuícola, para a súa supervisión.
- Planificar o programa de xestión de residuos orixinados nos procesos de produción acuícola.
Podes consultar o currículo aquí.
Plan de formación
Módulo de 1º curso | |
---|---|
MÓDULOS | HORAS |
Técnicas e xestión da producción de cultivos auxiliares | 187 |
Técnicas e xestión da produción de peixes | 267 |
Técnicas e xestión da produción de moluscos | 292 |
Técnicas analíticas e métodos de control sanitario | 107 |
Formación e orientación laboral | 107 |
Módulo de 2º curso | |
---|---|
MÓDULOS | HORAS |
Acuariofilia | 140 |
Técnicas e xestión da produción de crustáceos | 175 |
Instalacións, innovación e sistemas de automatización en acuicultura | 192 |
Empresas e iniciativa emprendedora | 53 |
Formación en Centros de Traballo | 384 |
Ámbitos Laborais
– Responsable técnico do cultivo larvario de peixes e da reprodución de peixes de auga de mar e continental, da reprodución e do cultivo larvario de moluscos e crustáceos, de preengorde e engorde de moluscos, crustáceos e de peixes de auga de mar e continental.
– Técnico ambiental para a acuicultura.
– Técnico en patoloxías en acuicultura, en industrias de derivados e elaboracións da pesca e da acuicultura, empresas, buques factoría e lonxas, en laboratorio de control de calidade de produtos da pesca.
– Responsable técnico/a en acuarofilia; deseñador/ora e montador/ora de espazos de exhibición en acuar filia.
Requisitos de acceso
Pódese acceder a un ciclo de grado superior cando se reúna algún dos seguintes requisitos:
Acceso directo:
• Estar en posesión do Título de Bacharelato, ou dun certificado acreditativo de ter superado todas as materias do Bacharelato.
• Ter superado o segundo curso de calquera modalidade de Bacharelato experimental.
• Estar en posesión dun Título de Técnico (Formación Profesional de Grado Medio).
• Estar en posesión dun Título de Técnico Superior, Técnico Especialista ou equivalente a efectos académicos.
• Ter superado 3º de BUP (Bacharelato Unificado Polivalente).
• Ter superado o Curso de Orientación Universitaria (COU).
• Estar en posesión de calquera Titulación Universitaria ou equivalente.
Acceso mediante proba (para os que non teñan algún dos requisitos anteriores)
• Ter superado a proba de acceso a ciclos formativos de grado superior (requírese ter polo menos 19 anos no ano no que se realiza a proba ou 18 para os que posúan o título de Técnico).
• Ter superado a proba de acceso á Universidade para maiores de 25 años.