GRAVACIÓN DUNHA REPORTAXE NO IGAFA PARA O PROGRAMA DE RTVE AGROESFERA
- Podemos ver o resultado aquí
A organización do FOROACUI adxudicou o primeiro premio na categoría de comunicacións científicas en formato póster, na súa edición do ano 2021, a un conxunto de institucións que traballaron na Acción de investigación “Procedementos de cultivo intensivo de especies de interese marisqueiro-PESCIM, da Dirección Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro da Consellería do Mar. Participaron nesta acción de investigación persoal do CIMA de Corón e de Ribadeo, persoal da área de microbioloxía da USC e mais o IGAFA cos bolseiros de minicriadeiros e mais o coordinador dos mesmos e os titores.
O IGAFA mantén unha estreita colaboración coa Coordinadora para o estudo dos mamíferos mariños (CEMMA) de Galicia, na recuperación das crías de lobos mariños que chegan ás nosas costas na tempada invernal. O persoal do centro e o alumnado participan de forma voluntaria neste proxecto de recuperación, que ten como obxectivo último poder reincorporalas ao medio natural en augas de Irlanda.
Cabe lembrar que o IGAFA xa ten colaborado na recuperación de once crías de lobo mariño entre os anos 2013 e 2022. Estas participacións serven para a concienciación medioambiental e adquisición de coñecementos para recuperación de especies mariñas.
Tamén tivemos algún exemplar de tartaruga mariña.
O 22 de decembro de 2020 visitou o IGAFA o equipo de mergulladores de Navantia Ferrol para asesorarse e ver in situ os equipos de inmersión e ferramentas de traballo que se utilizan no departamento de mergullo.
Navantia é unha empresa pública de construcción de buques militares e civís. O seu departamento de mergullo está estudiando a adquisición de novos equipos de inmersión con suministro dende superficie polo que se rea lizou este encontro nas instalacións do departamento de mergullo, para mostrar os cadros de subministro de gases e outros equipos.
O 2 e 3 decembro de 2020, dentro do proxecto "CleanAtlantic", no que o IGAFA colabora co CETMAR, procedeuse á localización, retirada e clasificación de residuos no entorno submarino das instalacións acuícolas do IGAFA aproveitando as prácticas do Módulo de Reparacións e Reflotamentos do Ciclo Medio de Mergullo.
Os obxectivos desta acción son sensibilizar ao alumnado na necesidade de coidar o medio ambiente e contribuir á identificación dos residuos para reflexionar como a actividade humana afecta ao noso entorno natural, o que permitirá traballar co propósito de que as actividades de pesca, acuicultura e mergullo sexan sostibles e respetuosas co medio ambiente.
O 17 de decembro de 2020 visitou o IGAFA Misael García Del Campo, xerente da empresa de mergullo profesional HELIOXCOM.
A colaboración con esta empresa cumplíu con 2 obxectivos, que o xerente vise os novos equipamentos de inspección do departamento de mergullo e que compartise co alumnado de ciclo medio a súa experiencia e coñecemento no ámbito das inspeccións clasificadas de buques (In-Water Survey).
HELIOXCOM é una empresa que está certificada por Bureau Veritas para a realización deste tipo de inspeccións subacuáticas.
Estas colaboracións permiten mostrar ao alumnado a visión da empresa no deselvolvemento do traballo e, ao profesorado, manter relacións co mundo real das empresas.