Curso de Mergullador Profesional de 1ª Clase

Curso de Mergullador Profesional de 1ª Clase

120 horas/ Presencial

Este curso está certificado nesta Orde do DOG.

Atribucións: realizar intervencións subacuáticas e hiperbáricas ata a presión que permita o sistema utilizado, respirando aire ou mesturas sintéticas. 

Obxectivos:

1. Realizar inmersións con mesturas sintéticas de intervención dende superficie e de saturación.
2. Coñecer os procedementos de elaboración de mesturas. 
3. Preparar e comprobar os equipos antes e despois da inmersión.
4. Utilizar os equipos especiais de mergullo.
5. Realizar diversos traballos de reparación de estruturas offshore. 
6. Realizar inmersións con torreta. 

Contidos teóricos:
1. Lexislación.
2. Física e química aplicadas ao mergullo.
3. Fisioloxía e fisiopatoloxía aplicadas a ambientes hiperbáricos.
4. Material de mergullo. 
5. Traballos subacuáticos.
6. Técnicas de mergullo
7. Idioma

Contidos Prácticos: 
1. Prácticas de emerxencia:
Métodos de axuda, rescate e evacuación.
Procedementos de emerxencia con campá húmida e torreta.
2. Técnicas de traballo subacuático:
Realización dunha planificación dun traballo a profundidade.
Realización dun traballo de inspección dunha estrutura a profundidade empregando mesturas de gases.
Utilización de Ferramentas a profundidade.
3. Técnicas de mergullo:
Fabricación e corrección de mesturas. 
Realizar o rol de buscador de emerxencia en torreta.
Control da saturación.
Inmersións con equipo autónomo e aire a 30 e 50 m.
Inmersión en piscina con equipo de circuíto pechado de osíxeno.
Inmersión en augas abertas con equipo de circuíto semipechado.
Subministro desde superficie a campá húmida con nitrox a 30-40m.
Subministro desde superficie a campá húmida con trimix a 70-85m.
Inmersións en torreta con heliox a 50 e 100 m.
Inmersións a saturación con saídas de campá a 100 m.