Mergullador Profesional de 2ª Clase
Este curso está regulado pola seguinte Orde do DOG.
Atribucións: realizar intervencións subacuáticas e hiperbáricas ata unha presión relativa de 6 bares respirando aire e realizar traballos con distintas ferramentas e de tipoloxía diferente.
Obxectivos:
1. Manexar diferentes tipos de ferramentas hidráulicas.
2. Manexar equipos de corte e soldadura.
3. Realizar diferentes traballos de obra hidráulica.
4. Realizar diversos traballos de reparación a flote e reflotamento de buques.
5. Realizar inmersións en campá húmida.
6. Coñecer a normativa sobre hixiene e prevención de riscos laborais no mergullo profesional.
Contidos teóricos:
1. Lexislación.
2. Física e química aplicadas ao mergullo.
3. Fisioloxía aplicada a ambientes hiperbáricos.
4. Material de mergullo.
5. Traballos subacuáticos.
6. Técnicas de mergullo
7. Idioma
8. Formación complementaria sobre: uso de embarcacións auxiliares, procedementos radiotelefónicos, coñecementos de navegación e manobra.
Contidos Prácticos:
1. Prácticas de emerxencia:
Métodos de axuda, rescate e evacuación.
Procedementos de emerxencia con equipos autónomos.
Procedementos de emerxencia con equipos de subministro de superficie.
Procedementos de emerxencia con campá húmida.
2. Técnicas de traballo subacuático:
Ferramentas hidráulicas.
Soldadura en terra e subacuática.
Oxícorte.
Obras hidráulicas.
Reparacións a flote e salvamentos.
Realizacións de medicións e inspeccións.
Traballos en estruturas en augas libres entre 30-60m.
3. Técnicas de mergullo:
Utilización casco de fluxo e traxe de volume constante.
Mergullo en campá húmida.
Utilización de traxes de auga quente.
Utilización de osixeno nas paradas de descompresión.
Realización de descompresión en superficie.