Iniciación ao Mergullo Profesional

Iniciación ao Mergullo Profesional

150 horas/ Presencial

Este curso está regulado na seguinte Orde do DOG.

Atribucións: realizar intervencións subacuáticas e hiperbáricas ata unha presión relativa de 1.5 bares respirando aire.
 

Obxectivos:
1. Interpretación de documentos industriais.
2. Traballar coas ferramentas mais usuais en obra.
3. Realizar os cálculos necesarios para executar inmersións seguras.
4. Recoñecer a necesidade de traballar en equipo nesta actividade.
5. Manexar con seguridade o equipo autónomo e de subministro dende superficie.
6. Coñecer a normativa sobre hixiene e prevención de riscos laborais

Contidos teóricos
1. Lexislación.
2. Física e química aplicada ao mergullo.
3. Fisioloxía aplicada a ambientes hiperbáricos.
4. Material de mergullo.
5. Planificación e organización do traballo subacuático.
6. Técnicas de mergullo

Contidos prácticos:
1. Equiparse cos distintos elementos dos equipos: autónomo e subministro desde superficie, en piscina e en augas abertas, a profundidade crecente.
2. Adaptación ao medio e técnicas de mergullo. Práctica de roles de traballo.
3. Prácticas de emerxencia.
4. Taller, reparación e mantemento dos compresores e dos traxes.
5. Manexo de ferramentas sinxelas baixo a auga.