Mergullador Profesional de 2ª Clase Restrinxido
Este curso está regulado pola seguinte Orde do DOG.
Atribucións: Realizar intervencións subacuáticas e hiperbáricas ata unha presión relativa de 4 bares respirando aire e realizar traballos con ferramentas neumáticas e elementos de tracción e embrague.
Obxectivos:
1. Manexar ferramentas neumáticas en superficie e baixo a auga, así como elementos de tracción e embrague.
2. Realizar manobras de elevación e traslado de pesos.
3. Plaificar e executar intervencións en medio subacuático e hiperbárico que requiran paradas de descompresión.
4. Realizar as tramitacións e xestións necesarias para poñer en marcha un traballo en medio subacuático ou hiperbárico.
5. Realización do mantemento de plantas e equipos de mergullo.
6. Coñecer a normativa sobre hixiene e prevención de riscos laborais.
Contidos teóricos:
1. Lexislación.
2. Física e química aplicadas ao mergullo.
3. Fisioloxía aplicada a ambientes hiperbáricos.
4. Material de mergullo. Regras de seguridade.
5. Traballos subacuáticos
6. Técnicas de mergullo
7. Idioma
8. Formación complementaria sobre: elementos estruturais dun buque, técnicas de prevención e extinción de incendios, abandono de buque, condicións do medio onde se desenvolve o traballo.
Contidos prácticos:
1. Prácticas de emerxencia:
Métodos de axuda, rescate e evacuación.
Procedementos de emerxencia con equipos autónomos.
Procedementos de emerxencia con equipos de subministro de superficie.
2. Técnicas de traballo subacuático:
Técnicas de traballo con ferramentas neumáticas.
Técnicas de traballo con ferramentas de auga a presión.
Elementos e técnicas de tracción, manobra, embrague e elevación de pesos.
Inmersións en cámara hiperbárica ata 30 m de profundidade.
Condicóns particulares de traballo: visibilidad limitada, fondo lamacento, ambientes insalubres, procedementos de limpeza e desinfección trala inmersión, mergullo en ambientes confinados.